07/12/2011















A REVISTA FIZ, PRESENTA A SÚA EDICIÓN DIXITAL EN KOOMIC.


A revista de banda deseñada galega FIZ, creada por Kiko da Silva na editorial RETRANCA, dirixida aos pequenos da casa de 3 a 100 anos, presenta a súa versión en formato dixital na tenda de cómics dixitais KOOMIC. 
A revista tan só custa 1,59 euros e está dispoñible tanto en galego como en castelán. 

Así FIZ convértese na primeira publicación de banda deseñada escrita en lingua galega en distibuirse de maneira dixital no catálogo de Koomic.


Koomic é unha librería especializada en cómics dixitais.

En Koomic encontrarás unha selección dos cómics editados en españa en formato dixital que podrás disfrutar tanto no teu ordenador (necesitas o programa Adobe® Digital Editions) como no teu  dispositivo móvil iPad®, iPhone®, iPod® Touch e, próximamente, Android. Ademáis dispós da túa biblioteca en líña onde consultar e leer os teus cómics.

Con Koomic colaboran as editoriais nacionais de cómics máis importantes, polo tanto a colección de títulos dispoñibles crece cada semán.

18/10/2011

1º CONCURSO DE BANDA DESEÑADA FIZ



A revista FIZ e a concellería de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra convoca o 1º CONCURSO DE BANDA DESEÑADA "FIZ" para escolares da cidade do Lérez.

EnlaceFiz, o neno máis porco do mundo, creado por Kiko da Silva, quere promocionar a novos talentos da banda deseñada. Onte presentouse no Concello o Primeiro Premio de Banda Deseñada Fiz, para escolares de 8 a 12 anos, desde terceiro de educación primaria ata segundo de ESO matriculados en colexios de Pontevedra. Deberán facer unha páxina coas aventuras do célebre personaxe, por suposto en galego.

«A idea é que os rapaces podan amosar os seus traballos, velos publicados, e ver que poden dedicarse profesionalmente a isto», engadiu.

O prazo de presentación rematará o 20 de decembro e os rapaces poden participar a través dos centros de ensino, agrupados por centros e clase, e tamén de maneira individual.

O primeiro premio en cada unha das dúas categorías consistirá nun trofeo de Fiz, unha ilustración orixinal do personaxe asinada polo seu autor, Kiko da Silva, e a publicación do traballo na revista, mentres que e o segundo, é un trofeo de Fiz.

Obradoiro

Tamén haberá un premio colectivo que consistirá nun obradoiro de banda deseñada impartido polo propio Da Silva, entre as aulas dos centros de ensino que presenten máis bandas deseñadas. O ilustrador ensinará aos rapaces trucos dos profesionais para facer banda deseñada.

Os traballos presentaranse no Concello de Pontevedra, Servizo de Normalización Lingüística, rúa do Arcebispo Malvar, 1, 360071. Pontevedra. No exterior do sobre constará: I Concursode banda deseñada Fiz.

23/08/2011

Chegan os chaveiros Cacola!!!



Merca un chaveiro Cacola feito á man con feltro por 5 euros (gastos de envío a España incluídos).
Como os chaveiros son feitos á man a súa produción é moi limitada, así que se queredes un, apurade, que se acaban!!
Laura, a nova artista que os fixo, é a autora deste BLOGE.

Para facéreste con un escribe a:

revistafiz@gmail.com e mandámoscho á casa!!



18/05/2011

Nace Fiz, a revista do neno máis porco do mundo




Retranca Editora e Kiko da Silva teñen o pracer de vos anunciar o nacemento de Fiz, a revista do neno máis porco do mundo. Trátase de facer unha revista pensada para os nenos e nenas, politicamente incorrecta, de historietas feitas por autores españois e sobre todo intenta entreter. Fiz ten un equipo de autores de luxo: Mel, Monteys, Fernando Iglesias (Kohell), Ed Carossia & Diego Arandojo, un relato de Manuel Lourenzo ilustrado por Víctor Rivas, Jali, José Domingo, Alex Fuentes & Busquet, Vergara & Olivares, Jorge García & Sagar e Kiko da Silva.