18/10/2011

1º CONCURSO DE BANDA DESEÑADA FIZ



A revista FIZ e a concellería de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra convoca o 1º CONCURSO DE BANDA DESEÑADA "FIZ" para escolares da cidade do Lérez.

EnlaceFiz, o neno máis porco do mundo, creado por Kiko da Silva, quere promocionar a novos talentos da banda deseñada. Onte presentouse no Concello o Primeiro Premio de Banda Deseñada Fiz, para escolares de 8 a 12 anos, desde terceiro de educación primaria ata segundo de ESO matriculados en colexios de Pontevedra. Deberán facer unha páxina coas aventuras do célebre personaxe, por suposto en galego.

«A idea é que os rapaces podan amosar os seus traballos, velos publicados, e ver que poden dedicarse profesionalmente a isto», engadiu.

O prazo de presentación rematará o 20 de decembro e os rapaces poden participar a través dos centros de ensino, agrupados por centros e clase, e tamén de maneira individual.

O primeiro premio en cada unha das dúas categorías consistirá nun trofeo de Fiz, unha ilustración orixinal do personaxe asinada polo seu autor, Kiko da Silva, e a publicación do traballo na revista, mentres que e o segundo, é un trofeo de Fiz.

Obradoiro

Tamén haberá un premio colectivo que consistirá nun obradoiro de banda deseñada impartido polo propio Da Silva, entre as aulas dos centros de ensino que presenten máis bandas deseñadas. O ilustrador ensinará aos rapaces trucos dos profesionais para facer banda deseñada.

Os traballos presentaranse no Concello de Pontevedra, Servizo de Normalización Lingüística, rúa do Arcebispo Malvar, 1, 360071. Pontevedra. No exterior do sobre constará: I Concursode banda deseñada Fiz.

Sem comentários:

Enviar um comentário